Aparatoso accidente en Corme Aldea con tres vehículos implicados

Melissa Rodríguez
Melissa R. S. CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

CORME EN POSITIVO

Unha muller foi trasladada en ambulancia

26 mares 2024 . Actualizado ás 11:16 h.

Tres vehículos víronse implicados nun accidente de tráfico ocorrido ás seis da tarde deste luns en Guxín , na entrada de Corme Aldea. Unha pick-up con plataforma elevadora que se dirixía á localidade acabou envorcada no outro carril por motivos que non transcenderon, e dous turismos que subían cara a Ponteceso impactaron contra ela. Como consecuencia, a ocupante dun coche, unha muller, resultou ferida. Manifestou sentir dor no peito e foi trasladada en ambulancia. Outra persoa foi atendida no punto.

Os afectados non quedaron atrapados e houbo que limpar líquidos na estrada, a AC-424, e regular o tráfico. Acudiron o GES e Protección Civil de Ponteceso, a Garda Civil de Tráfico e o edil de Emerxencias, Juan Vidal.