A acollida de Ponteenforma augura xa unha segunda edición en Ponteceso

C.V.G. CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

BASILIO BELLO

Oitocentas persoas cubriron as cartillas que demostraban que participaran polo menos en oito actividades distintas

22 may 2023 . Actualizado á 05:00 h.

O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, calculaba onte que unhas 1.600 persoas participaran na xornada Ponteenforma, unha iniciativa municipal para promocionar o deporte de base no municipio. O que é seguro é que 800 cubriron as cartillas que se lles entregaron e que se selaban en cada actividade na que participaban. Oito eran os apartados que había que selar e os que o conseguiron levaron unha bolsa de tea. Os cálculos municipais foron que polo menos tantos como completaron o circuíto non puideron chegar a facelo.

BASILIO BELLO

Non é estraño porque había propostas en grao sumo variadas, con estrea da iniciación ao pádel surf no dique e con kaiaks tamén no río. Para os de secaño había pista de minibasket en Tella e outra de béisbol na Campara. Participar en todo tiña o seu mérito, pero houbo moitos entusiastas aos que acompañou o bo tempo.

O deporte completouse co lecer, con inchables na praza do Recheo, que garantiron a diversión infantil.

BASILIO BELLO

BASILIO BELLO