Un bo arranxo

La Voz BERRO SECO

PONTECESO

19 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Din que máis vale un mal arranxo que un bo preito e case sempre é así. Os acordos pola repotenciación do parque eólico de Corme poñen de manifesto que hai que negociar ata o final, pero tamén que a unión fai a forza e que cando as institucións e as asociacións van da man e polo ben común conséguense grandes cousas. Axuda moito, ademais, a responsabilidade social das empresas.