A esencia

La Voz BERRO SECO

MUXÍA

28 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Camiño a Fisterra e Muxía é a raíz. É a esencia de Occidente. A meta que a humanidade quixo acadar desde o principio dos tempos. O último paso de Europa. A esencia mesma de Galicia. E os datos veñen confirmar o seu poder de atracción. E o que toca a Administracións e empresarios é estar á altura en servizos, atención e calidade, mantendo o que durante séculos chamou a millóns de peregrinos a camiñar en pos do último raio de sol.