Os nacionalistas argumentaron que se trata dunha lei autonómica de obrigado cumprimento
28 ene 2025 . Actualizado á 05:00 h.O BNG de Muxía levará unha moción para debater no próximo pleno, na que esixirá ao goberno que facilite información e asesoramento aos veciños sobre a aplicación das normativas reguladoras das marxes de protección contra incendios e evitar así que os afectados reciban sancións «ou que descoñezan que poden repoboar con outras especies estas franxas, así como contemplar nos próximos orzamentos municipais unha partida para subvencionar os gastos de limpeza e repoboación con especies autóctonas», segundo explicou o portavoz, Mercé Barrientos.
Os nacionalistas argumentaron que se trata dunha lei autonómica de obrigado cumprimento e lembraron que en 2019, o BNG impulsou unha medida similar, que foi aprobada por unanimidade, «pero o Concello non fixo nada ao respecto».
De forma paralela, o Bloque levará a pleno unha iniciativa para que se realicen vos trámites pertinentes para a inclusión do lugar de Tralapedra no padrón municipal, así como que se proceda a establecer unha nova numeración das casas deste lugar.