O Náutico de Muxía convoca a asemblea de socios

La Voz

MUXÍA

16 dic 2007 . Actualizado ás 02:00 h.

O Club do Mar e Náutico de Muxía, que preside Xusto López Carril, convocou aos seus abonados á asemblea xeral o próximo día 22. A pretensión da reitora é informar de todos os pasos que deu a entidade para a súa legalización e tamén o que se realizou ata a data. Ademais está previsto a aprobación dos estatutos e da bandeira do club. Xusto López Carril informou que ese mesmo día, pero ás 13.00 horas, haberá unha rolda de prensa no salón de actos do mercado da Camposa. Ás 20.00 horas realizarase a reunión de abonados. Ademais de López Carril figuran na reitora Belén Toba, secretaria; Jesús Fernández, tesoureiro; Joaquín García, comodoro, e os vogais Manuel Roia, José Manuel Rey e Javier Sar.