
Será enterrado mañá, martes 13, no cemiterio veciñal de Mens e Barizo
12 may 2025 . Actualizado á 12:16 h.David Torrado Blanco, coñecido como David de Beres polo nome da casa familiar e de labranza, faleceu o domingo aos 34 anos tras unha longa enfermidade. Era natural da parroquia de Mens, onde os seus pais, José Manuel Torrado García e María Soledad Blanco Ordóñez, coidaban del desde que era un neno. Fillo único deixa, ademais, avós maternos, tíos, curmáns e demais familia.
O enterro será mañá, martes, no cemiterio veciñal de Mens e Barizo, con funeral previo na igrexa parroquial de Santiago de Mens. A saída do tanatorio do Grupo Bergantiños en Malpica producirase ás cinco da tarde.