O malpicán Ramiro Facal lanza un dobre volume, «Memoria de momentos»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

BENITO ORDOÑEZ

Trátase dunha crónica rimada da España contemporánea, a cargo de Huerga & Fierro Editores

19 oct 2023 . Actualizado á 05:00 h.

O economista, empresario e poeta Ramiro Facal, natural de Cerqueda, Malpica, ten nova obra na rúa. Obras, mellor dito, porque Memoria de momentos son dous volumes. Trátase dunha crónica rimada da España contemporánea, publicación que chega de novo da man de Huerga & Fierro Editores e que se suma a títulos anteriores como Epigramas (2015), Epigramas (2016), Un verso tras outro (2018), Sonetos do confinamento (2020) e Un mal necesario (2022), este último ácida crítica de políticos, antigos e recentes. Agora, no volume 1 de Memorias de momentos, Ramiro Facal cobre os mandatos de Carrero Blanco, Carlos Arias Navarro, Adolfo Suárez, Leopoldo Calvo-Sotelo e Felipe González. No segundo céntrase nos gobernos de José María Aznar, José Luis Rodríguez Zapatero e Mariano Rajoy Brey.

Rima e métrica emprega Facal, tamén moi ducho coa crítica ou loa do epigrama, nestas dúas novas obras, con «quintillas» recuperadas e outros versos que foi sumando polo camiño, «tamizados polo paso do tempo». Son, como se advirte no prólogo, por certo, comentarios «persoais e intransferibles».