Adeus a Paulo Vázquez Acosta, o laxense de 37 anos con alma de viaxeiro

Xosé Ameixeiras
X. Ameixeiras CARBALLO/ LA VOZ

LAXE

ARQUIVO FAMILIAR

Traballaba para unha empresa de Madrid

13 sep 2025 . Actualizado á 20:25 h.

O pasado xoves faleceu aos 37 anos Paulo Vázquez Acosta, de Matío (Traba-Laxe) como consecuencia dunha enfermidade que o tivo ano e medio apartado da súa actividade. Formárase como aparellador, delineante e informática, que era do que traballaba para unha empresa en Madrid. Aínda que tambíén desenvolveu parte da súa vida laboral na Coruña e Valencia.

Aínda que tiña moito apego ao seu Matío, era un viaxeiro empedernido. De feito, percorrera toda América durante tres anos, entre o 2017 e o 2020. Así, foi en Paraguai onde coñeceu á súa parella, coa que logo casaría. «Cando tiña uns días libres, o que facía era viaxar», din na súa contorna familiar. Era unha persoa moi afable e querida entre os da súa xeración. Nunha estancia en Arxentina chegou a traballar dando clases de galego no Centro Gallego de Buenos Aires.

ARQUIVO FAMILIAR

Era fillo de Xosé Vázquez Labandeira, poeta laxense que durante anos rexentou a autoescola Lauda, de Camariñas. Os actos fúnebres tiveron lugar na Coruña, na intimidade familiar por desexo do propio Paulo, que deixou un regueiro de amigos alí por onde pasou.