
Foi recibido pola directora, Paz Rodríguez
01 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.A directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, recibiu onte ao alcalde de Laxe, Francisco Charlín. No encontro analizaron asuntos relacionados coas infraestruturas locais, «co propósito de avanzar na mellora dos equipamentos no ámbito rural, contribuíndo ao desenvolvemento sostible da zona», indican desde a Xunta.