Os buses de Fisterra a Cee non abondan para os estudantes

La Voz CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

Un autobús de la empresa Monbus
Un autobús da empresa Monbus M.MORALEJO

En varias paradas quedaron onte alumnos que non puideron subir aos autobuses de transportes de viaxeiros que enlazan Fisterra coa Coruña ou Santiago

18 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Nas paradas de Sardiñeiro, A Anchoa e Calcoba quedaron onte estudantes de Fisterra que son alumnos dos institutos de Cee e que non puideron subir aos autobuses de transportes de viaxeiros das empresas que cobren as liñas que enlazan a localidade fisterrá coa Coruña e con Santiago. Iso ocorreu en presenza dun inspector de Mobilidade e dunha concelleira. O día anterior foi o propio alcalde o que percorreu a liña para coñecer a situación.

Desde os centros recoñecen que os alumnos de Fisterra chegan tarde en ocasións. O autobús da liña regular de Monbús que sae de Fisterra ás 8.20 horas xa ten as prazas completas para hoxe e mañá, co que só quedaría o de Arriba das 8.10.

Desde Mobilidade sinalan que os alumnos poden ir de pé nos corredores sempre que non se superen os 80 quilómetros por hora e que se trate dun curto percorrido. Ademais destacaron que o operador xa puxo o ano pasado un autobús de 77 prazas para dar cobertura á demanda, o que non é suficiente.