O entroido tamén se conta... en Fisterra

La Voz CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

O Abaladoiro | Desde a biblioteca municipal Casa do Arco promoveuse un concurso infantil de relatos

18 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Cántase, ironízase e cóntase. O entroido en Fisterra vívese de xeitos varios e este ano, por vez primeira, voluntarios e voluntarias da biblioteca municipal Casa do Arco, en colaboración coa concellaría de Cultura, impulsaron o concurso infantil Encontro de Contos. Detrás da iniciativa estiveron Carmen Oroña, Darío Gómez e Raúl Gómez, e deseñaron un certame dividido en dúas categorías: de 0 a 6 anos, e de 7 a 12, con tres premios en cada un dos apartados. Tamén un detalle para todos os participantes. Gañadores e gañadoras do concurso foron obsequiados, como non, cun conto de libro, para seguir tirando da imaxinación e da creatividade. Entre as obras estaba Sibila e a monstruosa festa do Samaín, publicado no 2023 e da autoría da fisterrá Marta Lado. Actriz e tamén escritora, formou ademais parte do xurado desta primeira edición do encontro. Tivo a convocatoria moi boa acollida, cunha destacada participación de pequenos e pequenas, polo que todo augura que haberá novas edicións. Iso si, haberá que agardar un ano, porque o entroido remata.