Marabíllache co mar de ardora, tamén en Fisterra

La Voz CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

Mar de Fóra, Fisterra.
Mar de Fóra, Fisterra. ANA GARCÍA

Mar de Fóra é unha das praias nas que se puido ver estes días o impactante fenómeno bioluminiscente, do mesmo xeito que en Carnota ou Estorde, entre outras

20 ago 2023 . Actualizado ás 23:13 h.

Ese intenso e rechamante cor verde azulado do mar de ardora que está, unha vez máis, acaparando decenas de miles de miradas nas praias da Costa da Morte, tamén se puido gozar nas últimas noites na praia de Mar de Fóra, en Fisterra . Así a captou, como outras moitas, a fotoperiodista de La Voz Ana García, experta neste tema, do que escribiu un libro

Estorde, en la parroquia de Toba (Cee), entre Corcubión y Fisterra
Estorde, na parroquia de Toba (Cee), entre Corcubión e Fisterra ANA GARCÍA

Un areal fisterrán que mira ao Atlántico, como o de Rostro ou como o de Carnota, onde todo empezou este agosto, precisamente por mor das súas fotos e vídeos. E moito máis agreste que o de Estorde, a fermosa praia de Cee que tamén foi unha das grandes protagonistas das observacións. Como nos demais casos, co culmen estético de poder admirar a beleza do mar coa do ceo claro, especialmente nas noites das perseidas.