
Parece que os residentes na Praza Castelao somos un grupo rebelde de pataleta, pero estamos indignados ante un goberno local que fai experimentos co pobo que tanto defenden, cando deberían facer as cousas con orde e sentido, e nós somos os principais afectados. Primeiramente deberían buscar solución á problemática do aparcamento (que é máis que evidente) facendo así que sexa máis sinxela a convivencia entre veciños, turistas e clientes dos negocios.
Estacionamentos adecuados para todos. E mentres isto non sexa posible, hai moitas cousas que se poden facer. Regular a velocidade na praza, así como priorizar o peón en todo momento, e pintar as prazas de estacionamento para aproveitar ó máximo o espazo.
E cando por fin existan os estacionamentos tan necesarios; pensar na súa ansiada peonalización. Ignoran que unha mala implantación ou un mal «experimento» pode ser fatal para os poucos negocios que hai en Corcubión e dunha hostalería que pode presumir de traballar durante todo o ano, cousa que en vilas turísticas próximas non é así e apenas traballan seis meses. Unha vila que non está de acordo coa maneira da que se fai e iso non é suficiente, cando sen un policía local que faga cumprir todo isto é practicamente inviable. Non se pode experimentar con estas cousas, senón que teñen que estar ben claras antes de impoñelas. Peeeeero...