HAI 11 ANOS | As riadas levan o marisco dos bancos de Corcubión: «Dan ganas de chorar»

La Voz

CORCUBIÓN

BUA

Os efectos dos incendios do verán continuaban a estas alturas do ano, no 2006

26 oct 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

En 5.000 cifrábanse tal día como hoxe, no 2006, as toneladas de lodo retiradas das praias, despois de que fosen arrastradas polas riadas desde os montes queimados no verán. Na ría de Corcubión, os membros da confraría aseguraban que morrera todo o marisco dos bancos e calculaban que se precisarían polo menos dous anos para rexeneralos, en tanto que os fondos mariños tamén se viron moi afectados os lodos. «Dan ganas de chorar», lamentábase Nuria Casais, entón presidenta das mariscadoras de Cee, hai agora 11 anos. Ensinaba as súas mans cheas de berberechos mortos, extraídos baixo a capa de lodo, serrín e obxectos domésticos que cubrían a praia. Na Concha, víanse todo tipo de restos.