Equilibrio

La Voz BERRO SECO

CORCUBIÓN

24 sep 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O abandono do monte provoca a perdida do equilibrio de séculos. Hai menos diversidade de fauna e flora e desaparecen especies. Algunhas eran alimento para os lobos, que se achegan cara a onde poden atopar sustento. Os ataques existen e son reais, e os afectados sofren as perdas correspondentes. Outra cousa é crear alarmismos innecesarios. O bo sería indemnizar as perdas, pero o mellor é recuperar o equilibrio.