Catro horas de limpeza e 25 toneladas de lixo

La Voz

CORCUBIÓN

XESUS BUA

A ría de Corcubión foi obxecto dunha extracción de residuos no 2008

24 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

As xornadas de limpeza promovidas por colectivos ambientais sempre dan os seus froitos, porque se alivia en parte ao medio natural do sufrimento da contaminación. No entanto, reflicten tamén pésimos hábitos, e ademais con cifras demoledoras. O 24 de maio do 2008, fai hoxe nove anos, así ocorreu na ría de Corcubión. Alí, a actividade de limpeza saldouse con 25 toneladas de lixo recuperadas, en tan só catro horas. Entre os desperdicios había, fundamentalmente, pneumáticos, cables, latas e botellas de vidro, e mesmo un tronco duns 15 metros. Nas tarefas participaron naquela xornada unhas 60 persoas e os traballos levaron a cabo ao longo dos peiraos de Corcubión e Brens (Cee). O colectivo Asoar-Armega foi o promotor da iniciativa, e a ela sumáronse submarinistas, mariscadores e tamén voluntarios de Protección Civil. En quince días volverían repetir a proposta, porque aínda que pareza moito, o certo é que aínda había máis.