
Acolleu o encontro o viveiro de empresas, coa benvida por parte do alcalde
25 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.Acolleu Cerceda, por iniciativa municipal, unha xornada informativa no viveiro acerca das oportunidades que ofrece a Transición Xusta. O encontro forma parte dun ciclo dirixido a emprendedores e empresas. Aos asistentes deulles a benvida o alcalde, Juan Manuel Rodríguez, quen destacou a importancia destas actividades de cara ao futuro económico do territorio.