O modelo de Sogama, exemplo nun encontro en Donostia

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CERCEDA

SOGAMA

O presidente da entidade, Javier Domínguez, falou sobre os avances dos últimos anos e o modelo de xestión de residuos que implantaron

26 may 2024 . Actualizado á 12:43 h.

O presidente de Sogama, Javier Domínguez, participou hai uns días no III Encontro de Entes Supramunicipais para a Xestión dos Residuos Municipais, en Donostia.

Nunha primeira intervención, explicou o modelo de xestión de residuos impulsado pola compaña e o esforzo por «estar á vangarda» e por aliñarse coas «directrices europeas». Fíxoo ante un centenar de representantes de entidades públicas de toda España e antes de participar nunha mesa redonda na que falou da planta para a recuperación dos materiais contidos nos residuos en masa e susceptibles de ser reciclados. Unha planta pioneira, con tecnoloxías intelixentes e cuxa capacidade aumentou no 2018 ata un 81%, explicou Domínguez Lino.