
O enterro será hoxe sábado pola tarde no cemiterio novo
16 ago 2025 . Actualizado á 12:10 h.Humberto Creus García faleceu en Cee, onde residía. Foi un histórico director de Caixa Galicia en Cee, ademais de xefe de sucursais nos anos oitenta na antiga entidade financeira. Na súa localidade tiña o Pazo de Cotón, cuxa recuperación promoveu. Nos anos sesenta, durante as festas da Xunqueira, escribiu varias colaboracións para La Voz nas que abordaba os costumes e dinamismo da vila.
Creus deixa viúva, María del Carmen Andrade Canosa, e cinco fillos: María del Carmen, Humberto, Juan José, Estevo e David, profesionais que destacan, respectivamente, nos ámbitos do medicamento, avogacía, arquitectura, psicoloxía, e belas artes e docencia, ademais de na literatura e poesía nos casos de Estevo e David.
O velorio realízase no tanatorio A Xunqueira de Cee. Tras a celebración da palabra na igrexa da Xunqueira, hoxe ás as sete e media, o enterro levará a cabo no cemiterio novo.