Dous bañistas en apertos tras empurrarlles o vento a táboa na que ían

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CEE

CARLOS FERNANDEZ SOUSA

A alerta activouse ao redor da media tarde deste sábado. Acabaron en Sardiñeiro, Fisterra

02 ago 2025 . Actualizado á 22:57 h.

Dúas persoas estiveron en apertos cando os fortes refachos do vento do nordés empurraron a táboa na que ían desde a praia de Estorde (Cee) ata a veciña de Sardiñeiro (Fisterra). A alerta activouna un particular, alertando ao 112 de que ían mar dentro. Por sorte, lograron, non sen dificultade, remar cara á veciña praia de Langosteira, onde chegaron sans e salvos.