O GALP Costa Sostible tamén se suma á arte urbana con murais de cultura mariñeira
CEE

Pintaranos adolescentes da zona en cada un dos municipios que cobre o grupo, por exemplo todos os da comarca de Fisterra
29 may 2025 . Actualizado a las 15:15 h.O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Costa Sostible deu a coñecer este xoves o proxecto Nove murais participativos da cultura mariñeira, que se desenvolverán en Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do Son ao longo deste presente ano. O primeiro, en xuño, en Muros. Catro claves da inicaitiva: introducir a visión da xuventude do territorio (pintarán adolescentes da comarca coordinados por Vella Escola, de Noia), visibilizar a cultura mariñeira a través de novas formas, coidado do medio ambiente (empregaranse pinturas ecolóxicas que absorben os contaminantes ambientais) e inclusión social. «Pinturas fotocatalíticas que axudan a preservar o medioambiente ao absorber os gases do tráfico rodado», precisou Pablo Castiñeira, de Vella Escola.
Todos os murais irán acompañados dunha placa co nome dos mozos que participen, reforzando así ademais a visibilidade do GALP Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia. Mariano Lago, presidente do GALP; Manuela Oviedo, xerente, e Yolanda Gómez, pedagoga e orientadora familia interviron tamén na posta de longo da proposta.