Faleceu Emilio José Suárez Canedo, de 39 anos, que foi profesor de Matemáticas en Cee
CARBALLO/ LA VOZ
CEE

Tamén impartiu clases no Fogar Santa Margarida e na Facultade de Informática da Coruña
07 may 2025 . Actualizado á 12:03 h.Emilio José Suárez Canedo faleceu aos 39 anos. Era doutor en Matemáticas, e foi profesor en el Fogar Santa Margarida da Coruña (do 2015 ao 2021) e na Facultade de Informática da Universidade coruñesa. O ano pasado foi docente no instituto Agra de Raíces de Cee, no seu primeiro destino tras aprobar as oposicións de secundaria da Xunta.
A súa familia paterna é do municipio de Arteixo, e a materna, de Carballo. Hoxe mércores celebrarase un funeral de corpo presente, ás cinco e media da tarde, na capela do tanatorio Albia da Coruña, con incineración posterior na intimidade familiar.