O sol cega a un condutor e o seu coche acaba xunto ao heliporto de Cee

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CEE

.

O condutor, de máis de setenta anos, perdeu o control do seu turismo, un Citroën C3, que se saíu da vía e foi parar xunto ao heliporto do Virxe da Xunqueira

19 ene 2024 . Actualizado ás 13:19 h.

Un home, veciño de Muxía , resultou ferido como consecuencia dun accidente de tráfico. A alerta activouse ao redor das nove e vinte da mañá deste venres nas inmediacións do hospital Virxe da Xunqueira.

Segundo o relato do propio condutor aos equipos de urxencias desprazados ao lugar do contratempo, circulaba polo viario próximo ao centro hospitalario cando se viu afectado o sol, que o cegou. O condutor de máis de setenta anos de idade, perdeu o control do seu turismo, un Citroën C3, que se saíu da vía e foi parar xunto ao heliporto do Virxe da Xunqueira. Acudiron ao lugar Policía Local e persoal sanitario. Tras ser estabilizado foi derivado directamente ao hospital, onde foi atendido das feridas, sendo dado de alta pouco tempo despois. O vehículo permaneceu nas inmediacións do heliporto á espera de ser retirado por un guindastre.