A primeira visita guiada do ano en Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

O Abaladoiro | Catro técnicos de turismo coñeceron o museo Fernando Blanco e o xardín do instituto levantado grazas ao filántropo

15 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Esta segunda semana do ano recentemente rematada deixou en Cee a primeira visita guiada do 2024 ao Museo Fernando Blanco . Deuna a coñecer en redes a fundación homónima, detallando que aínda que o tempo non acompañaba esa xornada, púidose visitar tamén o xardín botánico do instituto que leva así mesmo o nome do filántropo. Unha visita, iso si, coa espiña de que xa non estea o abeto grego caído, madeira que acabará creando música, en tanto que con ela se fará un clavicémbalo. Foron catro as persoas que integraron este primeiro grupo visitante, técnicos de Turismo que, segundo comentáronlle ao guía, recomendarán visitar o espazo ceense. Unha delas, Paula Alonso Rodríguez, foi ademais compañeira de carreira do técnico do museo Fernando Blanco ceense —Darío Areas— polo que o percorrido tivo aínda un significado máis especial. Os colectivos interesados en coñecer máis ao detalle o legado do filántropo poden contactar co museo no teléfono 981 747 221, no correo fundacioncee\hotmail.com ou ben a través das redes da fundación. Hai moita historia por coñecer e por gozar.