Inspección técnica de vehículos agrícolas en Cee, hoxe e mañá

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

MIGUEL SOUTO

A unidade móbil estará instalada no polígono empresarial, e é necesario concertar cita previa

15 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha unidade móbil para a inspección técnica de vehículos agrícolas (ITV) estará situada tanto hoxe como mañá no polígono empresarial de Cee. Nesta primeira xornada prestará servizo de 09.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00, mentres que mañá o fará só en horario de mañá. Os interesados en acudir han de reservar cita previa, no 902 309 000 ou ben na web www.sycitv.com.