Outro ano máis «Stoupando» arte en Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

STOUPA

A galería organiza unha nova exposición colectiva con multitude de artistas e artesáns que colaboran habitualmente co establecemento

05 dic 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Como cada ano desde a súa apertura, en 2016, a galería Stoupa de Cee preparou para este tempo do Nadal unha exposición colectiva con artistas, artesáns e outros colaboradores cos que traballan habitualmente no establecemento.

#Stoupidos2023, así se chama a mostra, recolle novidades de autores como Alberto Lista, Carmen Isabel Labrador, Nano Unzueta, Redeiras de Corme, Nacho Porto, Pepe de Olegario, Yano Yoro, Xoanxo Cespón ou Xosé Iglesias, ademais de esculturas de Guillermo Lourido ou Nando Lestón, lanzamentos literarios ou fotografías de Sam Ponsford ou Marcos Rodríguez.

Pode visitarse ata o 5 de xaneiro, de martes a sábados, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.