Gastronomía e arte maridaron en Stoupa con «Ar de Arte»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

As pinturas do muradán Fernando Rei acompañan as conservas desta curiosa iniciativa emprendedora

23 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A galería Stoupa ceense acolleu o sábado un innovador encontro ao fío da promoción da arte e do emprendimiento na Costa da Morte: presentouse alí Ar de Arte, unha aposta pola selección dos mellores produtos da gastronomía galega, fusionada con obras artísticas. Os asistentes a este punto de encontro degustaron sardinilla e mexillóns da ría de Arousa, todo artesán e empacado en pinturas do muradán Fernando Rei, tamén expostas en Stoupa en formato orixinal. Todo iso, regado coa cervexa Chimán, tamén artesá: o nome fai referencia á caza de baleas en Caneliñas.