Éxito fulgurante da aposta solidaria do colexio Eugenio López

j. v. l. CEE / LA VOZ

CEE

RAFA Q

En apenas unhas horas acabouse todo o que tiñan á venda nun mercadillo solidario

05 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Todos os anos pasa, que ao primeiro de vez se esgota todo, e esta vez non foi menos porque o éxito do mercadillo solidario organizado polo colexio Eugenio López de Cee foi absoluto. Se nas primeiras edicións o recadado destinouse a Cáritas e a unha compañeira do centro que se tiña que someter a unha cara operación cirúrxica, esta vez os beneficios dos marcapáginas, pulseiras, colares, bólas antiestrés... e demais produtos elaborados polos alumnos, xunto a tres cadros que doou unha avoa, irán para Egueire. Aínda que o máis importante, como destacan desde o centro, é «concienciar» e que a mensaxe da solidariedade cale entre os pequenos e as familias.