Arquitectura, augas termais e microtoponimia, en Carballo na Memoria

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Basilio Bello

O Concello impulsa a segunda edición das Xornadas Carballo na Memoria, que se celebrará desde este martes, día 16, ata o 2 de outubro

14 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Concello impulsa a segunda edición das Xornadas Carballo na Memoria, que se celebrará desde este martes, día 16, ata o 2 de outubro. As iniciativa arrincará precisamente nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, coa apertura da exposición Arquitectura e memoria, unha colección de vinte acuarelas do artista Martín Garrido Porto. A inauguración arrincará ás sete e media da tarde, coas intervencións do alcalde, Evencio Ferrero, o edil Juan Seoane, e o propio autor destas obras.