A Garda Civil toma os xulgados de Carballo

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ana García

As seis persoas detidas este martes na capital de Bergantiños e A Laracha pasaron ás dez da mañá deste xoves a disposición xudicial, investigadas por tráfico de drogas

08 may 2025 . Actualizado á 11:41 h.

Os xulgados de Carballo quedaron literalmente tomados pola Garda Civil desde primeira hora da mañá deste martes. O motivo é que pasaron a disposición xudicial as seis persoas detidas este martes na capital de Bergantiños e na Laracha, todas elas investigadas por un delito de tráfico de drogas. Unha operación e unha causa que instrúe o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo.

Este amplo despregamento policial arrincou ao redor das dez menos cuarto da mañá, coa instalación de valos que cortaban baixo sete chaves o vial de acceso aos xulgados. Unha trintena de axentes do instituto armado de paisano e tamén uniformados vixiaban que ninguén se achegase ata a porta principal.

Sobre as dez da mañá chegaban aos xulgados as seis persoas arrestadas a bordo dun furgón da Garda Civil, custodiado por un vehículo patrulla. O furgón accedeu aos xulgados polo garaxe, mentres na rúa agardaban familiares, amigos e coñecidos dos seis arrestados.