Adeus a José Antonio Rey Vázquez, Ou Longo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

A súa vida e o seu traballo estivo vinculado o mundo do motor desde moi mozo, en Carballo

31 ene 2025 . Actualizado á 22:50 h.

José Antonio Rey Vázquez, coñecido polo alcume familiar de Ou Longo, faleceu aos 79 anos. Deixa viúva, Dolores Ruiz Tasende, tres fillos (Jousei Antonio, Víctor e Diego) e unha filla (Eva). O funeral será este sábado en Carballo, ás cinco da tarde, e a continuación será enterrado en Malpica. A saída do tanatorio San Antonio de Carballo será ás cinco menos cuarto da tarde.

José Antonio era o maior de catro irmáns, xunto a Moncho, Manolo e Pedro, fillos de Manuel Rey Rodo, Ou Longo, que faleceu en xullo do 2019 aos cen anos, e conduciu practicamente ata esa idade. Foi o que deu en herdanza aos seus fillos ese alcume de Ou Longo, ademais da afección e a dedicación profesional ao mundo do motor (mecánica, venda, condución profesional). Xa desde os anos de taller Maikés, na Casa, e posteriormente en Bértoa. José Antonio foi ademais un destacado corredor de ralis,entre finais dos anos 70 e os 80, con Seat 127, 124, 1430, e outros vehículos, que preparaba el mesmo.