Directivos da empresa de auga líder en Portugal, en Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

CONCELLO

Fuerom recibidos polo alcalde, e acudiron para coñecer o funcionamento do ciclo local da auga

21 abr 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ademais do edil Luis Lamas, recibiron esta semana a unha delegación de directivos e técnicos das empresas Gestagua e Aquapor. Esta última é a líder na xestión das concesións municipais de prestación de servizos de auga e saneamento en Portugal. Foi fundada en 1997, e está integrada no grupo Saur desde o ano 2021. Aguzosa servizo a máis de 1,3 millóns de usuarios no país luso.

Segundo explica o goberno local, a delegación técnica e administrativa estivo en Carballo para conocer as instalacións do ciclo da auga, ver como se implementou a digitación do servizo, e estudar a implantación de novos desenvolvementos dixitais no sector da auga na Península Ibérica.