Dous premios para Carballo no certame Enreguéifate

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

Ana García

Para o municipio cabeceira de Bergantiños viñeron os galardóns á regueifa máis aguda e á mellor falada 

12 mares 2024 . Actualizado ás 23:54 h.

A sétima edición do certame Enreguéifate xa ten regueifas premiadas. E dúas delas chegaron dende Carballo. Na categoría xeral, o galardón que vén para Bergantiños é á regueifa máis aguda, por Vai de voda, da Escola de Regueifa Municipal. Na categoría infantil, o alumnado do CEIP Nétoma-Razo acadou o premio á mellor falada por Regueifa en Razo.

A entrega de recoñecementos está programada para o vindeiro 3 de abril, no Teatro Principal de Santiago (11.00 horas). Conducirán a gala Manolo Maseda e Séchu Sende, así como os formadores Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Nuria das Cruces.

O que alí se fará será un percorrido polas formas de improvisación oral galegas, non faltando tampouco a música. Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago e Teo. Tratan de apoiar a difusión da improvisación oral en verso, a regueifa, para contribuír por medio dela á promoción do galego.