O mellor vendedor da ONCE de Galicia reparte outros 200.000 euros en Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ana García

Antonio Lema vendeu cinco boletos do Cuponazo premiado onte venres, cada un de 40.000 euros

09 mares 2024 . Actualizado ás 13:32 h.

Antonio Lema, elixido pola ONCE o mellor vendedor de Galicia do pasado ano, repartiu máis sorte desde o seu posto de Carballo , nunha esquina da Praza (antiga rúa Colón) con Desiderio Varela. Vendeu cinco cupóns do número 61392, agraciado cada un deles con 40.000 euros. En total, 200.000 euros.

Antonio Javier Lema Lema leva só cinco anos como vendedor da ONCE, pero xa deu varios premios de certa relevancia. Esta mañá mostrábase moi contento por ter dado a sorte, «sobre todo se é a xente que llle fai falta». Os cinco boletos foron vendidos en cupón normal (non de máquina) na propia xornada do venres.