O proxecto «Nove Mares» aborda esta mañá desde Razo os deportes do mar

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Promove a Fundación Eduardo Pondal co financiamento do Galp

09 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Acolle este sábado o Náutico de Razo, Carballo, a primeira das sesións do segundo Espazo Xerador de Cultura (EXC) do proxecto «Nove Mares». Promove a Fundación Pondal, co financiamento do Galp, e o asunto a abordar serán os deportes ligados ao mar. Un achegamento ao que se fai e ao que se podería facer. O encontro está previsto para as 10.30 horas, con acceso libre.