Emprende en Carballo aos 39

Melissa Rodríguez
melissa r. s. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

ANA GARCÍA

O Abaladoiro | Nace Idunn, novo espazo para o mimo persoal na contorna da igrexa

02 mares 2024 . Actualizado ás 23:23 h.

Carballo conta desde onte cun novo establecemento para dinamizar a vila. Trátase do salón de beleza Idunn, sito na rúa Martín Herrera, na contorna da igrexa San Xoán Bautista. Emprende con este proxecto Rebeca Carrillo Pérez, pontecesana criada en Malpica e actualmente afincada na capital de Bergantiños. Ten 39 anos e leva 19 traballando no sector da estética, no que se formou. «Nunca é o momento ata que vas para adiante», dixo onte, xornada na que inaugurou.

ANA GARCÍA

Será un centro para o benestar e a relaxación, explica a xerente. O certo é que inclúe tratamentos faciais e corporais «naturais, non invasivos» ben interesantes como a crioterapia, a therapy cool ou a criolipólisis (métodos baseados no xogo de temperaturas) para tratar a celulitis e o envellecemento; tonificar e obter outras melloras na circulación e o sistema linfático, comenta a profesional. Tamén outras técnicas con pedras volcánicas e cepillado en seco, así como outros servizos entre os que se inclúe o coidado de pés e mans e a depilación láser. Todo, nun momento pospandemia no que o mimo persoal está «en auxe», asegura.