Carballo participou nunha xornada de centros especiais de emprego

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

.

O alcalde, Evencio Ferrero, foi elixido pola súa experiencia con entidades de economía social, como é o caso de Aspaber

02 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, xunto cos de Ames, Sada e Ribadavia participaron onte nunha xornada organizada por asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción laboral. Foron elixidos estes rexedores para a mesa redonda pola súa experiencia con entidades de economía social, como é o caso de Aspaber, que se ocupa da limpeza viaria e en edificios municipais. Desde os colectivos convocantes solicitaron que se supere a porcentaxe de contratación reservada que marca a lei.