O BNG reuniuse con familias e co comité de empresa de Xeal

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BNG

Candidatos da formación política interesáronse polas demandas e preocupacións de ambos os colectivos

11 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Daniel Pérez, Óscar Insua e Primitivo Pedrosa, candidatos do BNG ao Parlamento, reuníronse o venres co comité de empresa de Xeal para coñecer as súas preocupacións e interesarse pola situación actual na compaña. O grupo destacou a baixa actividade que hai actualmente nas fábricas e prometeu que fará cumprir as sentenzas que obrigan a manter a actividade industrial e os empregos. Serxio Domínguez, responsable local do Bloque, tamén estivo presente.

E en Carballo, Daniel Pérez e a tamén candidata Carolina Castiñeiras reuníronse con representantes de asociacións de nais e pais. Falaron de recortes en profesorado e persoal de apoio, de problemas de transporte, de falta de conexión a Internet na zona rural ou das dificultades para conciliar.