O CCA de Carballo sorteará o luns dous premios de 1.000 euros e unha paga mensual de 300

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Poblado navideño instalado en el jardín municipal
Poboado do Nadal instalado no xardín municipal BASILIO BELLO

Os premios sortearanse entre as papeletas depositadas no poboado do Nadal ao longo da campaña

06 ene 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A última campaña promocional do Centro Comercial Aberto de Carballo (CCA) chega ao seu fin e este luns celebrarase o sorteo dos premios entre quen participou na iniciativa. O acto será ás cinco da tarde, no poboado do Nadal instalado na zona do xardín municipal, e entre as miles de papeletas que durante as últimas semanas foron depositadas na caseta do poboado repartiranse dous premios de mil euros cada un e unha paga extras de 300 euros mensuais durante todo este ano. Os tres afortunados serán informados por parte do CCA a través do teléfono indicado na propia papeleta, e fixarase de mutuo acordo un día para a entrega e consumo dos premios.

Se as condicións meteorolóxicas non permitisen celebrar o sorteo ao aire libre, trasladaríase á zona de entrada do mercado municipal. Vázquez e Reino patrocinou esta campaña, na que tamén colaboraron Xunta, Deputación, Fundación Luís Calvo Sanz e Concello de Carballo.