Fantasías e utopía na morte dun grande amigo

JOSÉ NOGUEIRA IN MEMORIAM

CARBALLO MUNICIPIO

13 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

[Na lembranza de Ricardo Bello Cerdeiro]

A morte dun ser querido produce unha sensación de irrealidade, de que todo pasa por un mal sono. A todos nos ten acontecido ao longo das nosas vidas.

Mais a vida no só é realidade coas súas ledicias e tristuras, senón tamén algo preto da irrealidade, ou cousa parecida, xustamente o que roza coa fantasía e aínda coa utopía, e dicir, o que nos pode facer mais felices.

Todo isto, coma se fose un soño, teño hoxe coa morte do meu grande amigo Ricardo: unha perda irreparábel para todos, un home insubstituíbel.

Ter coma amigo a Ricardo foi unha grande fortuna, non só por ser un home de ben, senón por facer da súa vida un exercicio de solidariedade cos demais, xa fosen amigos, amigas ou compañeiros.

Xa o dicía o seu amigo Pacoret: Ricardo é unha fantasía

Ademais da súa bondade Ricardo exerceu de loitador a favor de logros para toda a sociedade, e, xunto co seu grande amor pola súa terra, fíxoo compatible coa defensa dos dereitos humanos universais.

Ricardo fixo que os seus amigos entendésemos a idea de solidariedade, mais tamén descifrou o goce da vida a través da lectura, da música (un gaiteiro), da poesía….

Tamén foi un mullidor de ideas cara ó desenrolo de Carballo, e moitas das súas ideas transcenderon en feitos concreto do Carballo actual.

A súa familia, Carmen e os seus dous fillos, o seu pai Liso, os seus irmáns e as súas irmás, tamén os amigos, terémolo sempre no noso recordo e no noso corazón, e todos xuntos destacamos esas fantasías, ese idealismo que nos leva a necesaria utopía a un mundo que el e nós desexamos para mellor.

Parlamento do bodegón

Voltaremos ao parlamento que temos no bodegón, e baixo a presidencia de Pili, sairán novas fantasías e por fin a utopía.

Teño que poñer a Ricardo na pléiade dos bos e xenerosos que dixo o Bardo, e así mesmo, na súa idolatrada Rosalía de Castro de «Adiós ríos, Adiós fontes», que mestura co aniversario de Fernando Pessoa e da súa personaxe O ano da morte de Ricardo Reis.

Descansa en paz meu grande amigo.