En marcha a regularización do cemiterio de Artes, en Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Jorge Parri

O Concello xa iniciou o expediente de regularización, cuxa solicitude foi realizada polo párroco, Jesús Bello Mato

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Carballo iniciou o expediente de regularización do cemiterio parroquial de San Xurxo de Artes. O documento pode consultarse durante vinte días.

A solicitude foi realizada polo párroco, Jesús Bello Mato, a principios de agosto. Segundo consta nela, está situado no lugar da Igrexa, e ocupa unha superficie de 2.440 metros cadrados. Na memoria cítase que están distribuídos 211 panteóns de catro alturas, con cinceiro enterrado, e tamén hai algunha tumba ao seu redor, como en boa parte das igrexas máis antigas da comarca. Na actualidade non ten aseos, pero si están no proxecto de ampliación. Tampouco hai osario, e habilitaranse columbarios.