Iria Sánchez e Ana Grille, primeiras renovacións do Vázquez Xiria

M. R. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

CEDIDA

O equipo carballés de baloncesto volverá competir en Segunda Autonómica

29 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

En pouco máis dunha semana, o Vázquez e Reino Basket Xiria, que por cuarto ano consecutivo xogará en Segunda Autonómica feminina, comezará a pretemporada. Basilio Pampín, novo encargado de dirixir o proxecto, xa sabe que contará coas dúas máximas representantes da canteira feminina de Carballo: Iria Sánchez, unha das mellores anotadoras da liga, e Ana Grille, base.