«Xamais tiven un problema. Sempre confiei na auga destas praias»

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

Bruno Rodríguez Obelleiro ten 33 anos. Naceu en Pontevedra e desde fai nove anos reside en Carballo

02 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Bruno Rodríguez Obelleiro ten 33 anos. Naceu en Pontevedra e desde fai nove anos reside en Carballo. Defínese como «surfeiro de fins de semana». Adoita practicar o seu deporte favorito «desde Malpica ata Sabón». Sobre a calidade da auga das praias da zona, este usuario non alberga dúbida algunha: «Xamais tiven un só problema. Sempre confiei na calidade da auga». Segundo el, Razo representa o paradigma da calidade: «Xamais sufrín nada [malestar gástrico] e iso que polo surf traguei moita auga». E engadiu: «Creo que hai que diferenciar as praias pechadas das abertas, como esta de Razo, que é moi aberta ao mar, que limpa os posibles restos de bacterias e ten unha auga limpa e cristalina», asegurou Bruno Rodríguez.