Faleceu Isabel Sánchez, «a Loura», unha das fillas do mergullador Petrallo, de Camelle
CAMARIÑAS

O enterro será este mércores
15 abr 2025 . Actualizado á 21:56 h.Isabel Sánchez Mouzo, unha das fillas de Petrallo, o famoso mergullador de Camelle, faleceu este luns no Complexo Hospitalario da Coruña. Tiña 71 anos e era coñecida, desde sempre, como a Loura.
Isabel destacou polo seu bo facer ante os fogóns. Traballou nos mellores restaurantes da Costa Brava, Illas Baleares e ata na Suíza. «A Loura era o sorriso eterno, a amabilidade personificada polo que contaba con innumerables amigos nos lugares onde residía, e sobre todo na Costa da Morte», destaca un dos veciños que a coñeceu. Percorreu medio mundo cando traballaba como institutriz de dous fillos dunha parella de multimillonarios alemáns.
Isabel Sánchez deixa dous fillos. Un deles, Juan José, traballa como chef no restaurante que José Andrés ten en Nova York. Pablo, o seu outro fillo, é coordinador dunha empresa de mantemento dun bo número de chalés de Palma de Mallorca.
O seu corpo velarase a partir de mañá martes no tanatorio de Camariñas. O funeral e o enterro será ás cinco da tarde do mércores na igrexa e cemiterio parroquiais do Espírito Santo de Camelle.