
Aseguran que o chamado a ser complexo de turismo rural referente é hoxe «un claro exemplo do que non se debe facer cos recursos públicos»
05 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.Pretendía ser un referente no turismo rural da provincia e a súa situación é «apocalíptica». Pretendía ser un lugar emblemático «e a día de hoxe é un claro exemplo do que non se debe facer cos recursos públicos». Asi se dirixe o Partido Popular provincial á complexo Aldea Madeira (Camariñas): o grupo preguntou por todo iso no último pleno da Deputación. Evaristo Ben, portavoz dos populares, aproveitou unha das súas intervencións para lembrar que, en outubro do 2020, o presidente Valentín González visitou Aldea Madeira e comprometeu a licitación do proxecto por parte da Deputación, para a súa rehabilitación: «A pregunta é se se axudou en algo, en que consistiu esa axuda e se se ten pensado levar a cabo algunha actuación». Ben tachou o proxecto de «interesante», pero lamentou o seu estado despois de case tres lustros en pé e sen uso, pasto do vandalismo e do paso do tempo.