O BNG de Camariñas critica o «dispendio» en Fitur por parte do Concello

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CAMARIÑAS

ANA GARCÍA

Os nacionalistas non están en contra de acudir á feira, pero si do que consideran un «gasto excesivo»

20 ene 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O BNG de Camariñas, a través do seu portavoz, Xurxo Rodríguez, critica o «excesivo» gasto que o Concello realiza ao acudir a Fitur. Non se posiciona en contra da presenza do Concello e o seu Mostra na feira, pero si o «dispendio». Os nacionalistas preguntaron no pleno por estes custos, ou polo impacto que tivo un videoclip que custou 15.000 euros, «excesivo». Este ano, di o BNG, gastarase o mesmo noutro.