Os Noveis Deseñadores estréanse hoxe na pasarela da Mostra do Encaixe

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CAMARIÑAS

ANA GARCÍA

A axenda do día na Costa da Morte | O mal tempo ha obrigado a cancelar as visitas teatralizadas que estaban previstas para estes días no Castelo de Vimianzo

28 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Segunda xornada da Mostra do Encaixe, e primeira vez que se poderán ver en pasarela as 35 coleccións que este ano concorren ao certame de . Noveis DeseñadoresTras a inauguración de onte, hoxe o recinto feiral abrirá as súas portas ás 11 da mañá co encontro de palilleiras e con dúas presentacións literarias a cargo de Ainhoa Conde (11.50) e Alfonso de Sas Prada (12.20). Ás 12.45 haberá desfiles de ArtEncaixe e PequEncaixe, e ás 18.00, do apartado ReEncáixame e de grandes deseñadores, mentres que ás 16.45 e as 19.15 será a quenda dos participantes do concurso, que ensinarán as súas coleccións con música en vivo da artista Hydn. Ás 21.00, como é costume, pechará o recinto.

Mostra e Semana Santa á parte, a axenda de hoxe na Costa da Morte trae tamén a décima edición da Festa da Xuventude de Malpica, promovida pola comisión local. Se o tempo non impide o seu desenvolvemento, empezará á unha da tarde cunha sesión vermú e tardeo a cargo de Laura Añón, Anxo Sevilla, JJ Compota e DJ Roy. Xa pola noite, a partir das once, verbena co grupo A Bamba, discoteca móbil Elation e Groove Amigos.

Cancelacións

O que si está confirmado que non haberá esta semana Santa serán as visitas teatralizadas que estaban previstas para o Castelo de Vimianzo, a cargo da compaña Os Quinquilláns. «Íanse realizar no patio do Castelo, sendo imposible levarse a cabo ante as choivas e ventos que se agardan», explicou o Concello por redes, deixando a porta aberta, iso si, á celebración de visitas guiadas por varios puntos do seu patrimonio: na fortaleza, ás 10.30 e as 18.30; nos Batáns do Mosquetín, ás 12.00 e 13.00M no Castro das Barreiras, ás 16.00, e en Cereixo, ás 19.30.