Faleceu en Camariñas Crisanto López, de 103 anos

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CAMARIÑAS

Imagen tomada en mayo del 2020, durante la entrega de un obsequio por su 100 cumpleaños
Imaxe tomada en maio do 2020, durante a entrega dun obsequio polo seu 100 aniversario Concello

Era a persoa máis lonxeva do municipio e das maiores da comarca

22 mares 2024 . Actualizado ás 19:17 h.

Crisanto López Castro faleceu hoxe venres aos 103 anos, a apenas un mes de cumprir os 104. Era a persoa de máis idade de Camariñas , onde vivía, e tamén das máis lonxevas da comarca, especialmente nos homes, que non adoitan chegar a cifras tan altas de idade como as mulleres. Recentemente faleceu un veciño de Fisterra de 105 anos.

Tivo oito fillos, dous deles xa falecidos. Tamén morreron tres fillos políticos. Era coñecido como O Tobeiro. O enterro será mañá sábado, con funeral ás cinco na igrexa de San Xurxo, con saída quince minutos antes do tanatorio municipal.