Os Bolechas tamén aprenderán a palillar

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CAMARIÑAS

Serán uns ilustres visitantes á Mostra do Encaixe de Camariñas deste ano

01 mares 2024 . Actualizado ás 21:18 h.

Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia, Tatá e o seu inseparable cachorro Faísca, a coñecida familia Os Bolechas, tamén se pasarán esta semana Santa pola 33.ª edición da Mostra do Encaixe de Camariñas. Así, segundo informou o Concello, editarase unha edición especial, co encaixe como protagonista, e o título Os Bolechas veñen aprender a palillar a Camariñas. Os propios personaxes, adorados polos máis pequenos, serán os encargados de entregarlle a publicación aos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Escarvadentes. Está previsto, así mesmo, que entreguen os premios aos encaixeiros infantís, «a cativada que garante a transmisión xeracional desta centenaria e singular maneira de tecer os fíos e entender a vida». Un motivo máis, pois, para ir a Camariñas do 27 ao 31 de marzo.